Aviso Legal

A Fundación Nueva Pescanova («Fundación NPVA» ou «Titular», en diante), con enderezo na rúa José Fernández López, s/n, 36320, Chapela, Pontevedra, N.I.F. G-72496862 e rexistrada no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección da Consellería do Mar, da Xunta de Galicia co número 2023/2, é titular do portal www.gssgaliciaforum.com (en diante, tamén denominado «Web» ou «Portal»).

A Fundación Nueva Pescanova («Fundación NPVA» ou «Titular», en diante), con enderezo na rúa José Fernández López, s/n, 36320, Chapela, Pontevedra, N.I.F. G-72496862 e rexistrada no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección da Consellería do Mar, da Xunta de Galicia co número 2023/2, é titular do portal www.gssgaliciaforum.com (en diante, tamén denominado «Web» ou «Portal»).

A utilización da Web atribúe a condición de usuario da Web (en diante, o «Usuario») e implica a aceptación de todas as condicións incluídas neste Aviso Legal. A prestación do servizo da Web ten unha duración limitada ao momento no que o Usuario se atope conectado á Web ou a algún dos servizos que a través da mesma se facilitan. Polo tanto, o Usuario debe ler atentamente o presente Aviso Legal en cada unha das ocasións en que vaia utilizar a Web, xa que as condicións de uso recollidas no presente Aviso Legal poden sufrir modificacións.

2. Obxecto

Mediante este Aviso Legal, a Fundación NPVA informa os usuarios do Portal sobre as condicións de uso do mesmo.

Este Aviso Legal é aplicable a aquelas persoas físicas maiores de 18 anos, ou persoas xurídicas, que accedan aos contidos da Web e/ou fagan uso dos servizos prestados na Web. Os menores de 18 anos ou persoas incapacitadas deberán facer uso da Web baixo a enteira responsabilidade dos seus pais, representantes ou titores legais, debendo estes acompañar, supervisar ou tomar as precaucións oportunas durante a navegación daqueles polas páxinas web.

3. Condicións de acceso e uso

O acceso á Web require de conexión a Internet e ten carácter gratuíto para os Usuarios [salvo en lo que al coste de conexión a través de la red de telecomunicaciones suministrada por el proveedor de acceso contratado por los Usuarios se refiere]. A dispoñibilidade e a calidade do acceso non dependen do Titular. O Titular non se responsabiliza de ningún aspecto relacionado co servizo de acceso a Internet do Usuario.

O Usuario obrígase a:

  • Utilizar a Web de conformidade coa lexislación vixente, o presente Aviso Legal, respectando os dereitos de propiedade intelectual do Titular ou de terceiros, os bos costumes, a boa fe e a «netiqueta», é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral en Internet;
  • Realizar un uso dilixente dos recursos e a non realizar ningunha acción que cause dano ou alteracións dos contidos ou obstaculice o bo funcionamento do Portal, comprometéndose expresamente polo só uso da mesma a non causar problemas técnicos de calquera índole, transferir elementos susceptibles de portar virus informáticos ou danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente o Portal;
  • Aceptar os termos e condicións dun servizo ou recurso concreto cando estas fosen necesarias, o que será explicitamente requirido no seu caso;
  • Non facer uso da Web fóra dos termos aceptados polas presentes condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á lei, a moral ou á orde pública en calquera das súas expresións, ou constitutivas de delito. En ningún caso realizará accións que resulten ofensivas para o bo nome e imaxe do Titular, outros Usuarios do Portal ou para terceiros.

En caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o Titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións vertidas por terceiros, aínda que se reserva o dereito para retirar ou mesmo non publicar aqueles que resulten ofensivos ou inadecuados ou, na súa falta, cando tivese coñecemento efectivo do contido do publicado.

O Titular reserva para si o dereito a denegar ou retirar o acceso á Web en calquera momento e sen necesidade de aviso previo a aqueles Usuarios que non cumpran as presentes condicións xerais de uso.

4. Propiedade intelectual e industrial

Son propiedade de Fundación NPVA ou de terceiros todos os contidos da Web, incluíndo, a título meramente enunciativo e non limitativo, os textos, fotografías, ligazóns, debuxos industriais, estrutura, imaxes, deseños, textos, gráficos, contidos audiovisuais ou sonoros, botóns, elementos constitutivos do código obxecto, a programación e enxeñería do código fonte ou calquera outros signos susceptibles de utilización industrial e comercial. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas, están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial e atópanse suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial do Titular e/ou de terceiros titulares dos mesmos, que autorizaron debidamente a súa inclusión no Portal, polo que o Usuario comprométese a non infrinxir ningún dereito derivado da propiedade intelectual ou industrial, quedando expresamente prohibida a reprodución total ou parcial dos mesmos, a súa comunicación pública, distribución ou calquera forma de explotación, salvo consentimento expreso e por escrito por parte de Fundación NPVA.

O Titular ou terceiros son titulares das marcas, logos, nomes comerciais ou calquera outro signo distintivo, estando protexidos pola lexislación en materia de propiedade industrial, non podéndose entender que o acceso á Web atribúa ao Usuario ningún dereito sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos.

Queda totalmente prohibida calquera alteración, reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da Web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, mecánico, manual ou outro, sen a autorización previa e expresa do Titular.

Non se poderá establecer ningún vínculo a esta Web desde calquera outra web sen o previo e expreso consentimento do Titular. Calquera ligazón realizada á Web deberá dirixirse á «home» ou páxina de inicio, prohibíndose a realización de ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos do mencionado.

De igual maneira, queda prohibida a práctica de navegación sobre marcos ou «frames».

A existencia de ligazóns de terceiros na web do Titular, salvo manifestación expresa en sentido contrario, facilítase a efectos informativos, sen que o Titular teña control algún sobre o contido ou materiais dos mesmos. Polo tanto, o Titular non acepta ningún tipo de responsabilidade por ningún dano ou perda derivado do seu uso. O Titular reserva para si o dereito a retirar de modo unilateral e en calquera momento as ligazóns que aparecen na súa web.

5. Responsabilidad do titular

O Titular fai todo o posible por manter actualizada a súa Web para que o Usuario poida acceder á mesma en todo momento e para que a web non sufra interrupcións, mais non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin garantir a permanente dispoñibilidade do Portal e dos servizos contidos nel. En consecuencia, o Titular non se fará responsable dos danos e prexuízos de natureza que puidesen derivarse de, con carácter meramente enunciativo e non limitativo: (i) a falta de dispoñibilidade do Portal, de fallos no acceso debido a desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede, Internet ou outros sistemas electrónicos, non imputables ao Titular, (ii) suspensións temporais do Portal, (ii) virus informáticos ou (iii) por causas de Forza Maior.

No caso de usuarios menores de idade ou persoas incapacitadas, serán os seus pais, representantes ou titores legais, os responsables de que estes accedan á Web, aos produtos, servizos ou contidos, ou se rexistren, polo que lles recomendamos acompañar, supervisar ou tomar as precaucións oportunas durante a navegación por páxinas web.

6. Modificación do aviso legal e suspensión da web

O Titular reserva para si o dereito a actualizar, modificar ou eliminar este Aviso Legal e as Condicións Xerais de Uso, a súa configuración, as prestacións e servizos en calquera momento e sen necesidade de aviso previo.

O Titular poderá, sen necesidade de aviso previo, suspender temporalmente o contido da Web por razóns de mantemento ou reparación dos seus sistemas e introducir os cambios que estime oportunos na mesma. O Titular exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de calquera natureza derivados do exercicio das facultades definidas nesta sección.

7. Comunicacións e notificacións

As comunicacións e notificacións por parte do Usuario ao Titular deberán efectuarse a través dos datos de contacto que se indican na Web.

8. Protección de datos de carácter personal

O tratamento de datos persoais do Usuario rexerase #de acordo co establecido na política de privacidade de Fundación NPVA, accesible aquí.

9. Nulidad das cláusulas

Se calquera contido deste Aviso Legal fose declarada total ou parcialmente nulo ou ineficaz, por resolución firme ditada por unha autoridade competente, esta declaración afectará só ao contido ou parte do mesmo que resulte nulo ou ineficaz, permanecendo en vigor o resto dos termos deste Aviso Legal. Nese caso terase tal contido, ou a parte do mesmo que resulte afectado, por non posto, e o Titular efectuará as modificacións pertinentes no período de tempo máis breve posible.

10. Lexislación e xurisdición aplicable

O presente Aviso Legal, así como calquera relación entre o Titular e o Usuario, queda sometido á lexislación española.

Con carácter xeral, calquera controversia que puidese xurdir en relación con este Aviso Legal someterase aos Xulgados e Tribunais da localidade de Vigo, con renuncia a calquera outro foro.